O Concello de Ourense informa de que a execución de traballos de pavimentación e aglomerado asfáltico requirirán pechar ao tráfico un treito da rúa Ervedelo, desde a intersección con Antonio Puga ata a avenida de Portugal, mañá, sábado, 11 de xullo. O corte activarase ás 06.00 horas e manterase ata que rematen os traballos.
Quedará completamente restrinxido o acceso desde a rúa do Progreso a Ervedelo. Os vehículos procedentes de Jesús Soria e Doutor Fleming serán desviados obrigatoriamente cara á rúa do Progreso.
A Policía Local despregará a sinalización provisional da obra e dos desvíos obrigatorios nos puntos críticos de corte. O Concello solicita á cidadanía a máxima colaboración, que extreme a precaución e atenda rigorosamente as indicacións dos axentes de servizo, agradecendo de antemán a súa comprensión ante as molestias derivadas da mellora das vías da cidade.

