A Policía Local do Concello de Ourense informa de que as tres manifestacións convocadas polos sindicatos CGT, CIG e CC OO con motivo do Primeiro de Maio —Día Internacional dos Traballadores— ocasionarán este vindeiro venres cortes de tráfico nas rúas polas que discorrerán.
- Manifestación da CGT: Sairá ás 11.00 horas desde a Subdelegación do Goberno e seguirá polo parque de San Lázaro, Curros Enríquez, Samuel Eiján, Sáenz Díez, Progreso, Ponte Romana e avenida das Caldas, ata rematar na estación de tren.
- Manifestación da CIG: Sairá ás 11.30 horas da Praza Maior e avanzará pola avenida de Pontevedra, Progreso, Xoán XXIII e avenida da Habana, ata rematar fronte á sede da Xunta de Galicia.
- Manifestación de CC OO: Sairá ás 12.00 horas desde a Subdelegación do Goberno e seguirá polo parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior e a rúa das Tendas, ata rematar na praza das Damas, fronte á Confederación Empresarial de Ourense (CEO).

