Home O Ribeiro Castrelo de Miño Castrelo de Miño reunirá a máis de 1.000 deportistas nos Campionatos de...

Castrelo de Miño reunirá a máis de 1.000 deportistas nos Campionatos de España de remo de longa distancia e seleccións autonómicas

- Anuncio -

A dobre cita, que conta co apoio da Deputación, celebrarase o sábado 17 de febreiro e o domingo 18 de febreiro

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, puxo en valor na presentación da proba a importancia de acoller probas deste nivel, “que acreditan a nosa capacidade organizativa e cun importante retorno económico”

O vicepresidente da Federación Española de Remo, Ricardo Unzueta, destacou a consolidación de Castrelo de Miño como sede de campionatos de elite

Castrelo de Miño acollerá o 18 e 19 de febreiro os Campionatos de España de remo de Longa Distancia e de Seleccións Autonómicas. Ambas competicións están organizadas pola Federación Española de Remo, a Federación Galega de Remo e o Club Náutico Castrelo de Miño, contando tamén coa colaboración da Deputación, e contarán cunha presenza en total de máis de 1.000 remeiros.

A presentación dos campionatos tivo lugar esta mañá no paseo fluvial de Castrelo de Miño, contando coa participación do presidente da Deputación, Manuel Baltar; o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o vicepresidente da Federación Española de Remo, Ricardo Unzueta; o presidente da Federación Galega de Remo, José Luis Méndez; e a presidenta do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte.

Manuel Baltar destaca o escenario onde se realizará a competición, “unha das paraxes máis belas de Ourense, nesta provincia e neste ecosistema de turismo deportivo que vai recibir agora a participantes de toda España en dous campionatos importantes que probarán de novo a nosa capacidade organizativa, que xa quedou acreditada coa organización da Coupe de la Jeunesse, unha competición internacional que foi o primeiro dos eventos internacionais en materia de remo e piragüismo que teremos na provincia de Ourense”.

O presidente da Deputación pon en valor “a alianza que temos coa Federación Española de Remo e coa de Piragüismo, deportes que permiten desfrutar dun entorno coma este, a poucos quilómetros da capital da provincia”. Manuel Baltar tamén destacou “o turismo que xerarán estas competicións, producindo un retorno económico co deporte como protagonista”.

O vicepresidente da Federación Española de Remo, Ricardo Unzueta, celebrou “a ampla participación que terán os campionatos, con nove federacións autonómicas xa confirmadas para un campionato que está consolidado en Castrelo de Miño desde o 2017”. En canto ao número de participantes, Unzueta explicou que “no Campionato de Longa Distancia haberá entre 500 e 600 remeiros, e no de seleccións autonómicas sobre 500, polo que en total haberá máis de 1.000 deportistas”.

Pola súa banda, o delegado da Xunta de Galicia destacou a importancia de comezar o 2023 con estas dúas competicións, “seguindo a estela da Coupe de la Jeunesse”, e realzou a importancia da “colaboración entre administracións” para seguir potenciando o ecosistema deportivo provincial. Unhas palabras ás que se sumou a presidenta do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte, o presidente da Federación Galega de Remo, José Luis Méndez, e o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, que convidou á asistencia a esta dobre cita.

As competicións celebraranse o sábado 18 e domingo 19 de febreiro

Por unha banda, o sábado 18 será a quenda do Campionato de España de Longa Distancia. Esta proba, que conta cun percorrido de 5.500 metros, dará comezo ás 09,00 horas da mañá e nela participarán centos de remeiros nas modalidades individual e dobre, divididos entre as categorías cadete, xuvenil, absoluto e remo paralímpico.

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas celebrarase na xornada de tarde do sábado e continuará durante a mañá do domingo. A proba, na que participarán as diferentes federacións autonómicas, terá un percorrido de 1.000 metros e os deportistas estarán divididos entre as categorías cadete, xuvenil e absoluto.

Relacionadas

Deputación e Porto de Vigo exploran novas vías de colaboración conxunta para revitalizar a...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reuniuse este martes co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, a fin de explorar...

A Deputación avanza nas obras de ensanche e mellora da seguranza viaria na estrada...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visitou xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, o tramo de 1.200 metros...

A Deputación aprobará este venres unha achega de máis de 176.000 euros para a...

0
O municipio arousán é o Concello máis beneficiado da Provincia do plan provincial para a mellora das instalacións deportivas ao ter asignados un total...

A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca o apoio da Deputación á vela na presentación do...

0
A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vilagarcía de Arousa na presentación do Campionato do Mundo...

Luis López amosa a vontade da Deputación por “tender pontes” coas entidades sociais cun...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, explicou os detalles deste novidoso programa a uns cincuenta representantes de colectivos que...

Xosé María Álvarez Cáccamo lerá este venres no Museo o seu poema longo ‘Berta’,...

0
O mesmo día terá lugar a presentación do catálogo ‘Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas’, que acaba de publicar o Museo Cando en...

Publicacións Relacionadas