Circo coa Cía ORAIN BI

Redacción

Continuamos coa programación cultural do Concello, dentro do Programa “En Barbadás o Verán é Cultura”, e contamos coa Compañía de Circo ORAIN BI que ven do País Vasco para presentarnos o espectáculo “MUTE”, será este xoves 16 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos.

Sinopse
Terceira persoa do singular do imperativo do verbo MUTAR: cambiar o aspecto, a natureza, o estado, etc. dunha persoa, un animal ou unha cousa.

“… e un día o pasado volveu ás nosas vidas e fíxonos reencontrarnos con todo aquilo que sentimos noso. Volvemos a vernos no noso teatro, todo cubierto polo pó que delataba o paso dos dous anos, e mentres revivíamos os nosos números de circo transformados a esta nova vida, ¡prodúxose a maxia de sentir que nós mutábamos ao unísono!”

A mutación é unha constante. Que non só muten os bichos. Mutemos as estruturas e tamén nós, as persoas, para seguir avanzando, para chegar máis lonxe, máis alto: o máis difícil aínda!!

Premio ao mellor espectáculo de rúa de Euskadi.
XXVI Premios Max Candidata 2023
Espectáculo recomendado Redescena

  • Día: Xoves 16 de Xullo
  • Hora: Ás 21h.
  • Lugar: Parque dos Patos
  • Evento: Circo

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Comparte este artigo