A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración das festas de Barrocás ocasionará cortes e restricións de tráfico desde hoxe, 8, ata o luns, 12 de outubro coa finalidade de garantir a seguridade viaria e o correcto desenvolvemento das actividades programadas.
As atracións estarán na rúa Barrocás (no tramo comprendido entre a estrada da Granxa e o camiño Cantiño), vía que modificará a súa circulación para estar aberta ao tráfico en sentido único descendente. A rúa Barrocás pecharase completamente o xoves ás 16.00 h, o venres ás 19.00 h, e o sábado, domingo e luns ás 17.00 h.
O Concello agradece a colaboración da cidadanía para o correcto desenvolvemento destas festas.

