A Concellería de Educación do Concello de Ourense e a Agrupación Provincial de Libreiros organizaron hoxe unha visita de escolares ás librarías da cidade con motivo da celebración, mañá, do Día das Librarías. Alumnado de Infantil e Primaria do colexio Manuel Sueiro participou nunha sesión de animación á lectura nas Galerías Viacambre e visitou despois cinco establecementos locais participantes na iniciativa: Garce, Tanco, Eixo, Maelka e Nobel.
O obxectivo desta actividade é que os máis pequenos descubran a maxia que albergan as estanterías destes espazos culturais. As librarías de Ourense conmemoran así unha nova cita anual que busca reivindicarse como auténticos motores culturais e puntos de encontro para a veciñanza. Baixo o lema nacional “Entra na librería, asómate á cultura”, os establecementos ourensáns ofrecerán mañá un desconto especial do 5% nos libros.
A Agrupación Provincial e o Concello de Ourense animan a toda a cidadanía a sumarse á celebración de mañá e visitar a súa libraría de confianza.

