Home Ourense O Carballiño Luis Menor visita as obras realizadas no Concello de Piñor co apoio...

Luis Menor visita as obras realizadas no Concello de Piñor co apoio da Deputación

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial continúa co seu percorrido polos diferentes municipios ourensáns, cumprindo co seu obxectivo de traballar pola veciñanza desde o propio territorio

Acompañado polo alcalde, José Luis González, coñeceu os detalles do novo parque infantil Arenteiro e o remate dos traballos de humanización realizados no pobo de Casfigueiro, ambas actuacións financiadas ao 100 % pola institución provincial

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou esta mañá o concello de Piñor de Cea para continuar co seu percorrido polos diferentes municipios ourensáns, cumprindo co seu obxectivo de traballar pola veciñanza desde o propio territorio, para coñecer in situ as súas necesidades e abordar estratexias de colaboración institucional que dean resposta ás mesmas.

Luis Menor comezou a súa visita a Piñor da man do seu alcalde, José Luis González, na Casa Consistorial, onde tivo a oportunidade de asinar no libro de honra. Posteriormente, trasladáronse ata o parque infantil do Arenteiro onde recentemente se executaron obras de mellora e ao pobo de Casfigueiro no que se realizaron traballos de humanización, ambas actuacións financiadas ao 100 % pola institución provincial.

“Piñor é para nós un modelo de concello do rural, dinámico e que traballa por fixar poboación e prestar aos seus veciños os mellores servizos”, dixo o presidente da Deputación. “O alcalde é unha persoa con acreditado coñecemento do concello e así o demostra coa súa xestión”, engadiu Menor, quen destacou a colaboración da Deputación “co obxectivo de favorecer o desenvolvemento do territorio e que permita asumir novos retos para dar resposta ás súas necesidades”.

Pola súa parte, o alcalde de Piñor afirmou que a cooperación da Deputación co seu concello “sempre foi moi importante”. De feito “sen ela os municipios do rural non poderíamos dar un bo servizo á veciñanza”, e destacou a especial sensibilidade que amosa Luis Menor coas necesidades dos pequenos concellos, grazas a súa condición tamén de alcalde.

Luis Menor continuará visitando os concellos que integran a provincia de Ourense para revisar, de primeira man, os proxectos cos que colabora a Deputación, así como para coñecer as súas demandas no marco dun dos seus eixos de traballo que pasa por ter unha presenza continúa no territorio. Un labor que está a realizar conxuntamente coas reunións que mantén diariamente cos rexedores locais no Pazo Provincial.

Relacionadas

La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro...

0
O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento...

Luis Menor agradece á Fundación Signo a elección de Ourense como sede das súas...

0
As XXVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde, de carácter nacional e organizadas pola Fundación Signo, comezaron hoxe en Ourense e desenvolveranse ata...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

Publicacións Relacionadas