Home Ourense O Carballiño Mariano Rajoy: “O domingo xógamonos que Galicia siga sendo exemplo de estabilidade,...

Mariano Rajoy: “O domingo xógamonos que Galicia siga sendo exemplo de estabilidade, normalidade e tranquilidade política, ou apuntarnos aos ‘gobernos Frankenstein’ da ineficacia”

- Anuncio -

A secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado, sinalou que “no PP somos serios e cumprimos o que dicimos, comos o partido da liberdade”. A alternativa a nós é recuperar o imposto de sucesións, poñer máis impostos e subir os que hai, e impoñer máis ideoloxía.”

O líder dos populares na provincia, Luis Menor, lembrou que vemos día a día como lle cae a máscara a partidos como o BNG, “que só queren traer a Galicia os modelos de inestabilidade e conflito permanente que vemos en Cataluña ou no País Vasco. Un BNG que se comporta como o líder dunha alternativa de goberno, pero que só é un multipartito de catro siglas: BNG, PSOE, Sumar e Podemos”

Mariano Rajoy

O presidente de honra do Partido Popular, Mariano Rajoy, participou hoxe nun multitudinario acto político con simpatizantes no Carballiño, onde afirmou que “se todos os que estamos aquí convencemos aos nosos amigos e achegados de que voten o domingo ao PP, Argimiro Marnotes será deputado e o Arenteiro irase a Primeira División”.

Tras explicar que as únicas alternativas nestas Eleccións Autonómicas son “o PP e todos os demais”, Rajoy avogou por manter “un goberno que se ocupe dos problemas que lle preocupan á xente, que estea unido e forte, cun presidente sensato, tranquilo e con experiencia como é Alfonso Rueda”.

Mariano Rajoy contrapuxo esta opción, “pois o PP converteuse na única referencia política do sentido común en España”, coa que ofrece o BNG, “o máis extremista dos extremistas”. Destacou, ademais, que “o Bloque non engana a ninguén: defende os intereses de Puigdemont, apoia a Bildu e esquécese dos intereses de Galicia”.

Por último, Rajoy apelou á mobilización de cara ao próximo domingo: “Hai que sacar maioría absoluta. Non nos pode pasar o que pasou en xullo, gañando amplamente as eleccións pero sen gobernar porque nos faltaron 4 deputados”.

Paula Prado

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, explicou no Carballiño que nesta campaña electoral en Entroido “o BNG púxose unha máscara de moderación para intentar enganar aos galegos e esconder a súa verdadeira faciana: Piden, literalmente, a independencia para Galicia e o monolingüismo nas aulas”.

Sinalou ademais que “no PP non somos de populismos, non somos de incorporar cousas no programa electoral que non se van a facer, porque nós cumprimos coa palabra dada”, explicou a número dous dos populares galegos, recalcando que “nós somos serios e cumprimos co que dicimos. Somos o partido da liberdade, da liberdade de cultura e da liberdade da lingua”.

Luis Menor

O presidente dos populares ourensáns anunciou que é hora de “quitarlle a máscara ao BNG”, e fíxoo lembrando que, pese a que vai dando leccións de loita polos nosos intereses, “votou en contra de todos los concellos de Ourense, incluídos aqueles nos que goberna, rexeitando cos seus votos o novo modelo de financiamento que aprobamos na Deputación”.

“O verdadeiro BNG, o que se opón a todo o que veña do PP, ten intencións ocultas no seu programa electoral: Eliminar as provincias para finiquitar as deputacións provinciais, porque din que non teñen funcionalidade, iso si, só lles vale cando gobernan eles”, explicou Menor

Por ultimo, logo de evidenciar a “un PSOE que anda desaparecido en Ourense”, Luis Menor quixo apelar á importancia do vóto útil o vindeiro domingo: “Fronte ao caos, as chantaxes e as cesións, o noso é o sentidiño, demostrando que en Ourense hai un partido moi forte e de apoio maioritario que vai falar nas urnas, e con rotundidade, o próximo día 18”.

José González

O candidato José González foi rotundo no Carballiño en apoio de agricultores e gandeiros: “A nosa posición é tan clara como contundente. O Goberno central, a través do ministro Luis Planas, ten que liderar a petición á UE dunha moratoria inmediata de toda a nova lexislación europea que está asfixiando a agricultores e gandeiros, ata que se poida valorar a flexibilización da mesma cunha aplicación progresiva e adaptada a cada territorio, tal e como levamos moito tempo demandando desde Galicia”.

Tamén tivo palabras José González referentes á importancia da prevención de incendios forestais, destacando que “apostamos dun xeito decidido pola prevención de incendios forestais, a través dun traballo con fitos como o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén e no que é chave a cooperación institucional, con pancas como o convenio anual coa Deputación de Ourense, potenciado este ano ata os 3,8 millóns de euros e que permite que ata 38 concellos ourensáns teñan con cadanseu tractor de roza, ademais de potenciar as brigadas municipais e reforzar a súa formación”.

Relacionadas

O Concello pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua, con 57...

0
AConcellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua Ourense, cunha ampla variedade de propostas formativas...

Luis Menor reúnese coa directiva do Ourense CF para escoitar as necesidades do clube...

0
O presidente da Deputación puxo en valor a celebración da Copa do Rei en Ourense cun resultado que permitiu ao equipo ourensán chegar a...

A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, por obras de saneamento...

0
A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, martes, 11 de febrero, de 8.00 a 22.00 horas, pola realización de traballos de...

Luis Menor, como presidente da Rede de Vilas Termais da FEMP, celebra o interese...

0
O presidente Deputación de Ourense deu conta pola súa banda dos avances no “programa de respiro” para persoas maiores que sufriron as consecuencias da...

O Concello adxudicará a través dunha poxa a explotación dunha barra de bar en...

0
O Concello de Ourense adxudicará a través dunha poxa a autorización para instalar e explotar unha barra de bar na Praza de Bispo Cesáreo...

A Deputación aproba as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a agrupacións...

0
Tamén foron aprobadas na mesma sesión as bases reguladoras do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou...

Publicacións Relacionadas