Minuto de silencio na Deputación en recordo das vítimas do atentado do 11M

adminON
Lectura mínima de 1

O presidente provincial, Luís Menor, membros da corporación provincial e persoal da institución, gardaron esta mañá un minuto de silencio á entrada do Pazo Provincial como mostra do recordo solidario cos afectados polos atentados e as súas familias.

O día de hoxe cúmprense 20 anos daqueles terribles atentados que lle costaron a vida a 193 persoas. O persoal da Deputación únese ás mostras de solidariedade manifestadas ao longo do día de hoxe en apoio a todas as vítimas e as súas familias.

Comparte este artigo