O alcalde convoca comisión de pleno o venres para ditaminar a aprobación provisional de 10 expedientes de modificación de créditos

adminON
Lectura mínima de 2

Ascenden a 22,7 millóns de euros, dos que case 15 destinaranse a infraestruturas e 2,2 a Medio Ambiente

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou unha comisión de pleno extraordinaria que se desenvolverá o vindeiro venres, 20 de setembro, ás 09.00 horas, no salón de plenos. A orde do día inclúe 10 puntos, nos que o goberno municipal presentará para ditame por parte da comisión, as propostas de aprobación provisional doutros tantos expedientes de modificación de créditos: 6P, 9P, 12P, 13P, 14P, 15P, 16P, 17P, 18P e 19P/2024, por un importe total de 22.745.576,81 euros.

A modificación 6P/2024 propón destinar 452.000 euros a partidas de Educación; a 9P, 808.400 euros a partidas de Asuntos Sociais; a 12P, 216.022 euros a Participación Cidadá e Xuventude; a 13P, 214.000 euros a partidas de Seguridade Cidadá; a 14P, 285.159,14 euros a partidas de Servizos Xerais; a 15P, 844.300,93 euros a partidas de Seguridade Cidadá; a 16P, 14.919.215,15 euros a partidas de Infraestruturas; a 17P, 1.790.161,11 euros a partidas de Artes e Festexos; a 18P, 953.000 euros a Transferencias ao Consello Municipal de Deportes e a 19P, 2.263.318,48 euros a Medio Ambiente.

Segundo as propostas que se presentarán ante a comisión de pleno, previamente aprobadas pola Xunta de Goberno Local, todas as modificacións serán financiadas con cargo a remanente de tesouraría para gastos xerais.

As propostas de modificación orzamentaria, unha vez ditaminadas pola comisión de pleno, serán presentadas a aprobación por parte do Pleno do Concello para que proceda, de ser o caso, á súa aprobación provisional.

Comparte este artigo