O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá no Concello o Club Ourense Volei Praia, logo da súa excelente tempada 2026/2027.
O equipo ourensán consolidouse un ano máis na elite do deporte a nivel nacional, acadando os títulos de campións de España nas categorías sub 21 e infantil, ademais de obter a medalla de bronce na categoría cadete e chegar á semifnal do sub 19. Foi “unha tempada histórica para o volei praia galego e para nós en particular, que fomos os seus representantes principais”, segundo explicou o adestrador Álex Prada, quen tamén destacou os exitos acadados polos deportistas do club ourensán coa selección galega, conquerindo primeiros e segundos postos nos campionatos de España.

