O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, inaugurou esta mañá a II Xornada Intercongresos SGH, que organiza a Sociedade Galega de Feridas no auditorio municipal de Ourense.
O rexedor deulles a benvida aos máis de 500 profesionais que participan neste encontro, e celebrou que elixisen a nosa cidade para desenvolvelo. Desexoulles que a actividade responda ás súas expectativas e lles permita tamén desfrutar dos atractivos da cidade, moi especialmente nunha fin de semana na que Ourense celebra as súas festas.
Na inauguración participaron tamén a directora de Enfermaría da Área sanitaria de Ourense, Josefa Rodríguez, a presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense, María José Menor e o vicepresidente da SGH e presidente do comité organizador, José Manuel Rosendo Fernández. Tamén asistiu a concelleira de Asuntos Sociais, Tamara Silva.
Co lema “Sempre ao teu carón, do diagnóstico á curación” a xornada conta cun amplo elenco de relatores nacionais e autonómicos de primeiro nivel e colaboradores que achegarán as últimas novidades e evidencias no manexo de pacientes con feridas crónicas e agudas