O Concello abre o prazo da convocatoria para obter o permiso para conducir taxis na cidade: desde hoxe ata o 15 de maio

Redacción
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense aprobou a convocatoria ordinaria do ano 2026 para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi na cidade. As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes durante un prazo de 10 días hábiles, que comeza hoxe, luns 4, e rematará o venres 15 de maio. O trámite pode realizarse de forma presencial no Rexistro Xeral ou de xeito telemático a través da sede electrónica municipal.

A obtención deste permiso é un requisito necesario para exercer a actividade profesional en vehículos adscritos ás licenzas municipais de Ourense. Para acadalo, as persoas aspirantes deberán superar unha proba que consiste nun exame de 44 preguntas sobre normativa, coñecemento do medio, tarifas do servizo, test psicotécnico e competencia lingüística.

As bases reguladoras da convocatoria pódense consultar na páxina web do Concello de Ourense:

https://ourense.gal/media/uploads/2022/06/16/BASES_EXAMEN_TAXI_20212801771932707114570.pdf

Comparte este artigo