O Concello abre o prazo para presentar emendas ás solicitudes de axudas para libros e comedores escolares

Redacción

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense abrirá mañá, xoves, día 9 de xullo, o prazo para que as familias poidan presentar emendas ás solicitudes de axudas para libros de texto, material escolar e comedores escolares para o próximo curso 2026/2027.

As persoas interesadas terán ata o mércores 22 de xullo, incluído, para achegar a documentación requirida.

A listaxe das solicitudes nas que se detectou algunha carencia de documentación pódese consultar na páxina  web do Concello, na sede electrónica, no taboleiro de edictos ou, de xeito presencial, nas dependencias da Concellería de Asuntos Sociais na rúa Primavera.

Documentación

Comparte este artigo