A Concellería de Educación do Concello de Ourense abrirá este venres, día 8 de maio, ás 10.00 h, o prazo de inscrición nas actividades do programa Concilia Verán 2026. A oferta abrangue un hamorea de propostas para os nenos e as nenas da cidade: informática, educación artística, psicomotricidade, natureza ou reforzo educativo, entre outras. As actividades teñen como finalidade facilitar a conciliación familiar durante o período non lectivo do verán, ao tempo que fomentar a socialización, promover actitudes solidarias e de convivencia, incentivar o traballo cooperativo e o respecto polo medio ambiente.
Concilia Verán desenvolverase en 16 espazos: 9 colexios, o campus, a Aula da Natureza de Oira, a Escola de Música e o edificio Anexo, o centro cívico da rúa Colón e, como novidade, as localidades de Seixalbo e Beiro.
Os colexios incluídos son: Amadeo Rodríguez Barroso, Prácticas, As Mercedes, O Couto (unidade de Sás), Covadonga (unidade de Eiroás), Irmáns Villar, Manuel Luis Acuña, Mestre Vide e Vistahermosa. Haberá servizo de acollida temperá para as familias que o precisen. Ademais, nos centros de Prácticas, As Mercedes, Manuel Luis Acuña e Vistahermosa haberá atención para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).
Para participar é necesario que os nenos estean empadroados no Concello de Ourense, xunto con, polo menos, un dos seus titores. A inscrición será exclusivamente en liña a través da web https://actividades.ourense.gal/ e o prazo estará aberto desde o 8 de maio ás 10.00 h ata o 26 de maio ás 08.30 h.
As listaxes provisionais publicaranse o día 4 de xuño ás 10.00 h a través da web do Concello. As definitivas sairán o día 10 de xuño ás 10.00 h e o prazo de matrícula estará aberto ata o día 16 ás 14.00 h. A taxa única é de 10 € por matrícula (irmáns a metade: 5 €).

