A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou esta mañá, nunha sesión extraordinaria e urxente, adxudicar a Iluminacións Ximénez SA o contrato de subministración, en réxime de alugueiro, e instalación da iluminación ornamental da cidade para o Nadal 2026.
O contrato ascende a 748.543,21 euros, IVE incluído. A empresa ofertou como melloras instalar 40 arcos e 35 motivos para farois suplementarios e 5 rúas con elementos tridimensionais.

