HomeOurenseA PeroxaO Concello de A Peroxa organiza a sétima edición da súa andaina...

O Concello de A Peroxa organiza a sétima edición da súa andaina solidaria, co apoio da Deputación de Ourense

- Anuncio -spot_img

O Concello de A Peroxa organiza a sétima edición da súa andaina solidaria, co apoio da Deputación de Ourense, que se celebrará o 26 de maio a favor da Asociación Diabética Auria. Os organizadores desta iniciativa reuníronse no día de hoxe para ultimar os detalles deste evento solidario. Na xuntaza estiveron o alcalde de A Peroxa, Manuel Seoane, e o concelleiro da Peroxa, José Manuel Rodríguez; xunto coa vicepresidenta da asociación Margarita Diéguez e varios socios da asociación. 

A proposta inclúe dous percorridos circulares de diferentes distancias para adaptarse ás condicións físicas dos participantes: unha ruta curta de 6 km e outra longa de 17km, con avituallamentos e sorteos ao remate da proba. En ambos casos, a saída da andaina será ás 09:30 horas desde a Praza do Concello.

Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 24 na plataforma de inscrición habilitada, pero tamén o propio día da andaina media hora antes da saída, pagando en efectivo os 8€ do dorsal. Para aqueles que queiran colaborar con esta iniciativa solidaria e non poidan participar poderán realizar aportacións a través da Fila 0.

Publicacións Relacionadas