O prazo de inscrición estará aberto do 5 ao 11 de outubro en actividades.ourense.gal
A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense organiza unha nova edición do programa de envellecemento activo, dirixido á poboación maior de 60 anos empadroada no municipio. A iniciativa suma un total de 33 opcións formativas e de lecer centradas na saúde, o benestar, as novas tecnoloxías e a creatividade.
As persoas interesadas poden consultar o catálogo completo na páxina web actividades.ourense.gal, onde tamén poderán presentar as súas solicitudes desde o luns, 5, ata o domingo, 11 de outubro. Cada participante poderá escoller un máximo de tres obradoiros, por orde de preferencia.
Bloques temáticos
- Novas tecnoloxías e dixitalización: dixitalización, uso do móbil, ordenador e aplicacións útiles, ou introdución á intelixencia artificial.
- Actividade física e saúde corporal: ximnasia de mantemento, psicomotricidade, pilates, ioga, costas sas, taichi, biodanza e corpo libre.
- Estimulación cognitiva: adestramento da memoria, activación mental e coaching.
- Benestar e coidado persoal: mindfulness, autocoidado, alimentación saudable e cociña práctica.
- Creatividade e lecer: teatro, animación á lectura e escrita creativa, cerámica, manualidades e canto coral.
Máis información e atención ao público: Centro cívico da rúa Colón, teléfono: 988 393107.

