O alcalde valora positivamente a iniciativa de Raúl García, que remitirá ao subdelegado do Goberno, por ser unha competencia estatal
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello a Raúl García, estudante de Ciclo Superior en Proxectos de Obra Civil en Santiago de Compostela, que lle presentou unha proposta conceptual para construír unha pasarela peonil e ciclista baixo o viaduto ferroviario da cidade.
Trátase dunha iniciativa nacida como un traballo académico do estudiante que ten como obxectivos mellorar a conexión entre as dúas marxes do río Miño e poñer en valor este espazo da cidade, segundo explicou o autor. O alcalde valorou positivamente a idea do estudante, e remitirá o seu traballo ao subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, por tratarse dunha competencia estatal.

