Home Ourense O grupo provincial do PP celebra a aprobación duns orzamentos “realistas, estudados...

O grupo provincial do PP celebra a aprobación duns orzamentos “realistas, estudados e comprometidos” na Deputación de Ourense para 2025

- Anuncio -

· O grupo popular destaca que a aprobación do documento económico “en tempo e forma” contribúe a que os concellos saiban xa o diñeiro do que van dispoñer dende o 1 de xaneiro “para poder empezar a traballar nos seus proxectos”

O grupo provincial do Partido Popular enxalza a aprobación no pleno ordinario deste mes de novembro duns orzamentos “históricos” na Deputación de Ourense, que superan por primeira vez a barreira dos 100 millóns de euros, con 105 millóns para inversións “clave” que mellorarán a vida dos ourensáns.

A vicepresidenta da Deputación, Marta Nóvoa, celebrou ao remate do pleno o consenso acadado “e necesario” para uns orzamentos “realistas, estudados e comprometidos” coa provincia e coas demandas de tódolos concellos, cun apartado “innovador e de gran relevancia” como o Plan CooperOU, unha das propostas do mandato de Luis Menor e que permitirá un apoio directo aos concellos, cun plan íntegro dende principio de ano dotado con 18 millóns de euros, baseado en criterios obxectivos e equitativos como o número de habitantes.

Para a vicepresidenta provincial, dicir ‘non’ a uns orzamentos tan ambiciosos, “é buscar escusas que impiden o desenvolvemento da provincia”. Porén, destaca que os orzamentos son froito dunha “vontade de cambio” baixo o mandato de Luis Menor.

Nóvoa salienta tamén o compromiso “firme” co modelo de reparto equitativo de axuda aos concellos. Neste sentido, pon en valor o “deber cumprido en tempo e forma”, polo que tódolos concellos da provincia xa saben o diñeiro do que van dispoñer a partir do 1 de xaneiro para que poidan empezar a traballar nos seus proxectos.

Destacou tamén a aposta da Deputación por manter a xestión directa de servizos coma o da recollida de lixo, as brigadas de zonas verdes ou as de vías e obras, que no caso doutras deputacións galegas, están esternalizados. Ademais, puxo enfáse nos investimentos, subliñando que a partida consignada para este capítulo, é case o dobre que o previsto para o vixente orzamento, “proba do esforzo económico e xestión rigurosa que está a facer este goberno provincial”.

O grupo popular subliña tamén a “responsabilidade” acadada con outros servizos de relevancia para a cidadanía, como é o caso dos recursos sociais. Neste sentido, o PP destaca o servizo de axuda a domicilio, a teleasistencia ou os programas de natalidade, entre outros obxectivos prioritarios do goberno provincial.

Para Marta Nóvoa, os orzamentos de 2025 da institución ourensá son o froito do labor “intenso e comprometido a prol dos cidadáns e o territorio”, un “sinal de identidade” do Partido Popular que se traducirá en “melloras para a veciñanza” de toda a provincia.

Relacionadas

A Deputación aproba un orzamento para 2025 de cifras inéditas: 105,1 millóns de euros...

0
A partida para investimentos ten unha dotación de case 9,9 millóns de euros, 4,73 millóns máis que supoñen case o dobre que no presente...

Este sábado 30 de novembro o grupo de teatro aficionado Dar Trela de Carballiño...

0
Este sábado 30 de novembro o grupo de teatro aficionado Dar Trela de Carballiño representará a súa obra propia “Cabaret enxebre” no auditorio municipal....

Reabre ao tráfico o treito superior da rúa Bedoya, logo das obras executadas polo...

0
O treito superior da rúa Bedoya, desde a Avenida de Bos Aires até a rúa Emilia Pardo Bazán, volve estar aberto ao tráfico rodado...

Dende Podemos Ourense anuncian a renovación do noso voceiro municipal

0
Dende Podemos Ourense anuncian a renovación do noso voceiro municipal, o cal representará a Podemos na cidade. A persoa elexida pola militancia foi Francisco...

A Xunta participa en Verín na entrega de premios da segunda quenda da campaña...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, pon en valor esta iniciativa desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio á que...

O alcalde comunícalle á concesionaria que o servizo da ORA quedará suspendido desde o...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá con responsables da empresa concesionaria para comunicarlles que o servizo da ORA na cidade...

Publicacións Relacionadas