O Ministerio Fiscal presentou un escrito de impugnación no que se opón formalmente ás acusacións de falsidade e malversación que foran efectuadas pola acusación particular no marco das Dilixencias Previas 674/2025 que se están a tramitar no Tribunal de Instancia de Ourense. A Fiscalía, de feito, xa arquivara unha denuncia similar contra Gonzalo Pérez Jácome en 2025.
O alcalde cualificou esta tarde de “incrible” que, “transcorrido o tempo legal e tras anunciar eu hoxe que a Fiscalía non acusara, agora filtren á prensa que si presentarán o escrito, aínda fóra de prazo, de prevaricación contra min”.
Pérez Jácome lembra que o propio Ministerio Fiscal arquivara a mesma causa en 2025 e asegura que, en realidade, “non é algo preocupante porque non hai base e quedará en nada”, pero pon de manifesto os “cálculos” e “xiros” xudiciais.

