O paso da carreira ciclista O Gran Camiño ocasionará cortes de tráfico no centro da cidade este venres, 17 de abril

Redacción
Lectura mínima de 3

O dispositivo deseñado pola Policía Local prevé cortes desde as 12.30 h en rúas como Marcelo Macías, Progreso e Pardo de Cela


Recoméndase utilizar vías alternativas como a N-525 ou a rúa Pena Trevinca, que xa estará habilitada

A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo especial de tráfico deseñado para o paso pola cidade da carreira ciclista “O Gran Camiño” o vindeiro venres, 17 de abril.

Itinerario. A carreira entrará en Ourense desde Barbadás pola Avenida de Celanova e continuará pola glorieta de acceso á Valenzá, rúa Marcelo Macías, rúa do Progreso, Praza de Concepción Arenal, Pardo de Cela, glorieta do Nexus e N-120 (Avenida da Ribeira Sacra) en sentido Monforte.

Horario. O corte de tráfico farase efectivo desde as 12.30 horas ata que remate o paso da carreira e os vehículos oficiais. Dado que o percorrido afecta ás principais arterias da cidade (eixo Progreso – Pardo de Cela – N-120), solicítase á cidadanía que evite acceder a estas zonas, que utilice itinerarios alternativos e preste especial atención á sinalización circunstancial e ás indicacións dos axentes. A Policía Local agradece de antemán a colaboración cidadá para asegurar o éxito e a seguridade desta proba deportiva.

Itinerarios alternativos recomendados:

Sector Sur: O fluxo canalizarase pola N-525, continuando pola rúa Ponte Sevilla cara á Avenida de Zamora. Na glorieta, os condutores poderán optar por Nosa Señora da Saínza ou continuar ata a rúa Coruña.
Restrición: a rúa Coruña terá sentido exclusivamente ascendente, non se poderá acceder desde ela a Progreso.
Sector Norte e intermodal: Entrada operativa pola N-525 a través da Glorieta de Ervedelo (O Couto). Para o barrio da Ponte, acceso pola Ponte do Milenio cara a Basilio Álvarez ou Xesús Pousa, cruzando a Ponte Nova cara a Curros Enríquez. Desde a glorieta da Policía Nacional habilitarase o tránsito cara a Celso Emilio Ferreiro.
Restrición: Non se permitirá circular pola rúa Curros Enríquez nin pola rúa Sáenz Díez en dirección á Praza de Concepción Arenal.
Reapertura de Pena Trevinca. A rúa Pena Trevinca estará habilitada ao tráfico despois da reparación do afundimento previo. Os accesos por esta vía están garantidos, facilitando unha alternativa clave para evitar as zonas afectadas pola proba deportiva.

Comparte este artigo