Obras de asfaltado ocasionarán restricións de tráfico o sábado na entrada á cidade desde a A-52

Redacción

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a execución de obras de asfaltado na rotonda de entrada á cidade desde a A-52 (acceso centro) ocasionará restricións de tráfico o sábado, 3 de outubro. Os vehículos procedentes da A-52 que se dirixan á cidade desviaranse por Vistafermosa e os que circulen pola Avenida da Ribeira Sacra en sentido Monforte-Ourense o farán na glorieta baixo a Ponte do Milenio para realizar cambio de sentido na glorieta de Nexus.

Cando rematen estes traballos, comezará o asfaltado da rúa Velázquez, no treito comprendido entre Castro Canseco e Remedios, tamén durante a mesma xornada.

Comparte este artigo