Óscar López e Amigos da Pita obteñen os primeiros premios do concurso dos Maios de Ourense 2026 (artístico e enxebre)

Redacción
Lectura mínima de 2

CPR Sagrado Corazón e asociación Andén Primeiro, gañadores nas categorías de Maio Infantil e Maio Creativo

Os galardóns ás mellores coplas foron para Andén Primeiro (persoas adultas) e a AFA do CEIP As Mercedes (infantil)

O concurso de maios e coplas convocado polo Concello de Ourense pola Festa dos Maios 2026 xa ten gañadores. O xurado, logo de avaliar todos os traballos presentados, acordou conceder estes premios:

Premio ao mellor Maio artístico (persoas adultas)

  • Primeiro (1000 €): Óscar López González – O anxo caído
  • Segundo (800 €): Asociación Cultural Os Lolailos – A ponte romana
  • Terceiro (600 €): Club Hóckey Albor

Premio ao mellor Maio enxebre (persoas adultas)

  • Primeiro (700 €): Asociación Cultural Amigos da Pita
  • Segundo (500 €): Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro
  • Terceiro (400 €): Asociación Cultural A Galleira

Premio ao mellor Maio infantil

  • Primeiro (500 €): CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, Celanova
  • Segundo (300 €): AFA Pia da Casca CEIP As Mercedes
  • Terceiro (200 €): CEIP Plurilingüe Irmáns Villar

Premio ao Maio creativo

  • Premio (500 €): Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro

Premio ás mellores Coplas (categoría de persoas adultas)

  • Primeiro (500 €): Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro
  • Segundo (300 €): AFA Manuel Sueiro
  • Terceiro (200 €): Miguel Anxo González Padilla

Premio ás mellores coplas infantís

  • Primeiro (500 €): AFA Pia da Casca, do CEIP As Mercedes
  • Segundo (300 €): CEIP Plurilingüe Irmáns Villar
  • Terceiro (200 €): CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, Celanova

Os premios foron entregados esta tarde nun acto que se desenvolveu na Praza Maior dentro da programación de actividades organizadas polo Concello para celebrar esta tradicional festa. A xornada rematará cun concerto  de Amancio Prada.

Comparte este artigo