Mantense toda a programación, coa exposición, o canto das coplas, a entrega de premios e o concerto de Amancio Prada
O Concello de Ourense desenvolverá mañá, domingo 3 de maio, todas as actividades da festa dos Maios na Praza Maior e na Praza de Santa Eufemia, onde se instalaron carpas ante a previsión de choiva para a xornada festiva.
O emprazamento dos maios baixo as carpas e soportais permitirá tamén unha maior proximidade entre as diferentes figuras e facilitará máis as interaccións e sinerxias entre autores e público, que enriquecerán o ambiente festivo desta celebración.
A actividade continuará pola tarde coa entrega de premios e o canto das mellores coplas, e o concerto de Amancio Prada, ás 19.30 horas.
FESTA DOS MAIOS 2026 – PROGRAMACIÓN
- 10.30 horas: Obradoiro de confección de coroas e peiteados.
- 11.00 horas: Apertura da exposición dos maios que participan no concurso convocado polo Concello.
- 11.30 horas: Ruada de xigantes e cabezudos con música tradicional.
- 12.00 horas: Canto de coplas diante do xurado.
- 19.00 horas: Acto de entrega de premios e o canto das mellores coplas.
- 19.30 horas: Concerto de Amancio Prada.

