Home Ourense O Carballiño Progamación de actividades do Nadal 2024/2025 do concello de Piñor

Progamación de actividades do Nadal 2024/2025 do concello de Piñor

- Anuncio -

O Concello de Piñor informa da súa programación de actividades polo Nadal 2024/2025, animando a toda a poboación a participar.

  • Concurso de postais “E para ti, que é ser feliz no Nadal”: integrado na actividade RECUNCHO DA FELICIDADE, unha iniciativa do Programa de Educación e Apoio á Familia, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude e polo programa operativo FSE Galicia 2021-2027. A mensaxe dunha felicidade máis fundamentada en valores emocionais e persoais , máis realista e menos materialista, será a temática do CONCURSO DE POSTAIS “E PARA TI, QUE É SER FELIZ NO NADAL?” e chegará a tódalas casas e familias, pois a postal gañadora será empregada como felicitación oficial do Nadal do Concello de Piñor. Poderán participar cativos de 6 a 16 anos, e os debuxos deben ser entregados no Concello de Piñor ata o 5 de decembro. As bases que rexen o concurso están publicadas nas redes sociais e na sede electrónica municipal.
  • Campionato de Scalextric 2024 “Xogar non ten xénero II”: o sábado 21 de decembro ás 16h terá lugar no Centro Cultural de Arenteiro a segunda edición deste campionato, contando coa colaboración oficial de Scalextric. Cunha iniciativa coma esta preténdese, sobre todo, pasar unha tarde divertida, promovendo que as nenas participen, tendo categoría feminina en tódolos niveis de participación. Haberá premios e merenda para tódolos participantes (dende os 5 anos de idade en adiante). A inscrición pode formalizarse ata o 18 de decembro.
  • Actividades infantís do Nadal “Xogar non ten xénero II”: dende o 23 de decembro ó 7 de xaneiro os cativos de 3 a 12 anos contarán con actividades diarias de 9h a 14h no Centro Cultural de Arenteiro, fomentando con elo a conciliación da vida familiar e laboral. O obxectivo é promover a loita contra os estereotipos de xénero e a igualdade entre nenos e nenas, un proxecto dentro do Pacto contra a Violencia de Xénero para entidades locais do Ministerio de Igualdade. O número de prazas é limitado, abríndose o prazo de inscrición ata o 10 de decembro. Dentro destas actividades están integradas tamén as seguintes iniciativas:
     Taller infantil “O recuncho da felicidade”: é unha iniciativa do Programa de Educación e Apoio á Familia, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude e polo programa operativo FSE Galicia 2021-2027, que pretende traballar coa poboación infantil valores como o consumo responsable, as bases da felicidade, a redución do materialismo, o autocontrol de emocións como a envexa… baseando a felicidade dunhas datas tan sinaladas como o Nadal noutros aspectos máis persoais e humanos. Temos que pensar que moitas familias viven nunha situación económica especialmente deficitaria, mentres que a sociedade o que empuxa é a un consumo constante e a cubrir un número moi elevado de necesidades “creadas”, non necesidades básicas nin reais. Terá lugar o 23 de decembro, como inauguración das actividades infantís do Nadal.
     Visita de Papá Noel.
     Taller de xogos tradicionais da Escola de Cultura Popular Xaquín Lorenzo (Deputación Provincial de Ourense): os cativos que participen nas actividades infantís diarias do Nadal, poderán contar cunha mañá de xogos tradicionais o 28 de decembro, impartida por persoal da Escola de Cultura Popular Xaquín Lorenzo (Deputación Provincial de Ourense).
     Excursión a Pazolandia: será o 2 de xaneiro de 2025. Abrirase tamén un prazo de inscrición para o resto de poboación, a partir do 18 de decembro (publicaranse as bases de inscrición unha vez rematado o período de inscrición das actividades infantís diarias).

Relacionadas

A Deputación activa o Plan de Vialidade Invernal para blindar 1.000 quilómetros de vías...

0
O presidente, Luis Menor, visitou o parque da maquinaria, no polígono de San Cibrao, onde se prepara o operativo cunha dotación de medio cento...

A Deputación ofrece un curso de formación en ecodeseño e etiquetaxe para produtores da...

0
Esta acción enmárcase no proxecto “Ecosistema de producións sostibles de alto valor engadido na provincia de Ourense”, financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica...

O Concello rende homenaxe ao labor altruísta de Obdulia Díaz e da súa filla...

0
“A Torre do Baño é unha homenaxe a Dona Obdulia Díaz Picouto, nai e avoa de máis de cen nenos propios e alleos. Sempre...

Luis Menor destaca a “visibilidade e proxección” que supuxo para a provincia ser Capital...

0
O presidente provincial presidiu o acto de entrega desta distinción ao seu homólogo na Deputación de Xaén, Francisco Reyes, pois en 2025 os municipios...

O alcalde asistiu á apertura do Mercado de Nadal da asociación ASPANAS, na rúa...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e representantes dos diferentes grupos políticos municipais, visitaron esta mañá o mercado de Nadal da Asociación de...

O alcalde recibe a presidenta de Federación Española de Baloncesto

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recibiron este mediodía no Concello a presidenta da Federación Española...

Publicacións Relacionadas