Unha manifestación requirirá pechar ao tráfico mañá a rúa do Progreso, desde a Alameda ata Ervedelo, de 11.30 a 15.00 h

Redacción
Lectura mínima de 1

A Policía Local do Concello de Ourense lembra que unha manifestación requirirá pechar ao tráfico un treito da rúa do Progreso mañá, xoves, 30 de abril. A restricción afectará ao tramo comprendido desde a baixada á Praza de Abastos ata o cruzamento coa rúa Ervedelo, desde as 11.30 ata as 15.00 horas.

Segundo o dispositivo de tráfico previsto pola Policía Local:

No cruzamento de Progreso con Ervedelo, o tráfico desviarase cara a esta última rúa, permitíndose o xiro na rotonda de San Rosendo (nexo con Concordia e Xoán XXIII).
No outro extremo, o tráfico desviarase pola baixada á praza de Abastos e a rúa Doutor Fleming.
Autobuses urbanos

O corte de tráfico afectará tamén aos percorridos de varias liñas do servizo de autobuses urbanos da cidade, que modificarán as súas rutas:

Liña 1: Sexto Instituto – Berrocás,
Liña 2: Covadonga – Berrocás,
Liña 3: Santa Cruz – O Cumial,
Liña 4: Eirasvedras – Seixalbo,
Liña 7: Cudeiro – A Valenzá
Liña 10: Cabeza de Vaca – Velle
Liña 12: Fechos – O Fonsillón – Rabo de Galo – Mende,
Liña 8: Alameda – A Milagrosa – Residencia,
Liña11: Cemiterio Santa Mariña – O Viso,
Liña 16: Mende – Campus universitario – O Polvorín.

Comparte este artigo