Unha manifestación requirirá pechar ao tráfico o xoves a rúa do Progreso, desde a Alameda ata Ervedelo, de 11.30 a 15.00 h

Redacción
Lectura mínima de 1

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que unha manifestación requirirá pechar ao tráfico un treito da rúa do Progreso o vindeiro xoves, 30 de abril. A restricción afectará ao tramo comprendido desde a baixada á Praza de Abastos ata o cruzamento coa rúa Ervedelo, desde as 11.30 ata as 15.00 horas.

Segundo o dispositivo de tráfico previsto pola Policía Local:

  • No cruzamento de Progreso con Ervedelo, o tráfico desviarase cara a esta última rúa, permitíndose o xiro na rotonda de San Rosendo (nexo con Concordia e Xoán XXIII).
  • No outro extremo, o tráfico desviarase pola baixada á praza de Abastos e a rúa Doutor Fleming
Comparte este artigo