Home Ourense José González: “O Partido Popular é o partido do sector primario, o...

José González: “O Partido Popular é o partido do sector primario, o partido do rural, e apoiamos este compromiso con feitos, sempre ao carón dos produtores”

- Anuncio -

O presidente dos populares ourensáns, Luis Menor, sinalou que “pasou o Entroido, pasaron os cigarróns, pero as máscaras continúan. Hai quen leva pegada a careta, como é o caso do BNG, tan amigo de Bildu”. Por iso calquera voto que non sexa para o PP “irá a parar ao independentismo máis radical, o do BNG”

José González

· O candidato defendeu que o PP é o partido do sector primario, do rural. “E apoiamos este compromiso con feitos, que quedan ben plasmados nesta comarca, un epicentro da Lei da recuperación da terra agraria con ata 4 polígonos agroforestais -entre eles, Oímbra, que será o primeiro de Galicia en entrar en produción- e 3 aldeas modelo”.

· “Estamos ao carón dos produtores, da terra. Temos moi claras cales son as nosas prioridades, que definen a nosa acción de goberno”, dixo José González, que lembrou as advertencias ao Goberno polas distorsións provocadas pola nova PAC: “Por iso pedimos ao ministro Planas que deixe de prometer diálogo e defenda ao sector, liderando en Bruxelas a petición dunha moratoria inmediata de toda a nova lexislación que está afogando a agricultores e gandeiros”.

· O sector primario da comarca ten un extraordinario potencial para seguir crecendo, e conta co máximo respaldo da Xunta en sectores centrais como o viño, a carne ou a horta, que contan coas cadansúas estratexias de potenciación.

· A nosa aposta é ben clara, subliñou o candidato: “afondar na mobilización de terras, favorecer a remuda xeracional e a modernización do agro, cunha dotación orzamentaria no 2024 que chega aos 83 millóns de euros, e ao que sumaremos novas iniciativas como o bono mozo de incorporación ao rural.

· A prevención dos incendios forestais é un asunto fundamental nunha comarca como Monterrei, cunha alta incidencia histórica de lumes. Así comprometeu o reforzo de infraestruturas preventivas -como a base aérea de Verín-Oímbra ou a nova base do distrito- con novas iniciativas como as áreas cortalumes, o fomento da gandaría en extensivo ou a implantación de figuras da lei de recuperación.

Luis Menor

· O presidente dos populares ourensáns, Luis Menor, sinalou que “pasou o entroido, pasaron os cigarróns, pero as máscaras continúan. Hai quen leva pegada a careta, como é o caso do BNG, tan amigo de Bildu e con careta estes días para que a xente o esqueza. Por iso temos que lembrar que calquera voto que non sexa para o PP, irá a parar ao independentismo máis radical, o do BNG”

· Menor fíxose varias preguntas: “Falar, falan moito no BNG. Moito falaban cando pedían un Plan único de Cooperación na Deputación. Cambiamos o modelo, facéndoo máis xusto e equitativo… E sabedes o que fixeron? Votaron que non”

· A razón de ser do BNG é ir en contra de todo o que propoña o PP: “Fastídialles que o único partido da xente sexamos nós. Porque o PP é o partido da liberdade, da liberdade cultural, da liberdade do idioma, da liberdade de pensamento e da liberdade para actuar”.

· O presidente dos populares ourensáns advertiu que o domingo xogámonos moito e só hai dúas opcións: Un goberno estable, ou o caos; un programa rigoroso, ou ocorrencias; un presidente solvente; ou unha inexperta que só sabe de independentismo e radicalidade; un equipo preparado e serio, ou un barullo de partidos “que xa comezaron a pelexarse polo poder sen chegar a tocalo”.

Relacionadas

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas