adminON
Lectura mínima de 4

MÁIS DE 70 HORAS DE FORMACIÓN E SERVIZOS GRATUÍTOS NA AULA CEMIT DE CUNTIS DURANTE TODO O MES DE MAIO
• Impresión en 3D, uso de ‘smartphones’, creación de modelos tridimensionais ou servizo de atención tecnolóxica son algunhas das iniciativas que se ofrecen nas dependencias a partir do día 4

• A programación tamén inclúe sesión específicas para as crianzas e seminarios da Federación Galega de Asociaciacións Universitarias Séniors (FEGAUS)

O Concello de Cuntis informa de que a Aula CeMIT da vila acollerá varios cursos formativos e servizos gratuítos ao longo do mes de maio. En total, máis de 70 horas, que inclúen diferentes propostas. Así, por exemplo, entre o luns 6 e o xoves 9 impartiranse sesión de impresión en 3D, nas que se abordarán cuestións como os primeiros pasos desta práctica, utilización de ferramentas de debuxo e modificación, o tratamento de imaxes e texturas ou a importación de modelos. A seguinte semana, do 13 ao 16 de maio, será a quenda do curso de ‘SketchUp’, unha aplicación que se utiliza para a creación de modelos tridimensionais. Este curso incluirá exercicios prácticos e a utilización de ferramentas básicas.

Entre os servizos que presta a Aula CeMIT figura tamén o de atención tecnolóxica, que se ofrece á veciñanza para resolver dúbidas vencelladas áutilización de aparatos como tablets, ordenadores ou teléfonos móviles. Esta proposta está aberta de 12.00 a 14.00 horas os días 6, 8, 13, 15, 20, 22 e 27 de maio. Nesas mesmas datas, pero en horario de tarde (de 18.00 a 20.00 horas), haberá sesión específicas para coñecer o uso da banca dixital. Os sábados tamén haberá actividades na Aula CeMIT de Cuntis. É o caso das clases deutilización de ‘smartphones’, de 10.00 a 12.00 horas, para dar resposta ás preguntas máis habituais e ofrecer trucos e información sobre as aplicacións máis común. Os días 18 e 25, asemade, ofrecerase unha actividade específica para nenos e nenas, que contén conceptos básicos de programación. Os días 4 e 11, pola súa banda, serán sesión sobre realidade virtual para persoas adultas.

O mércores 22, de 12.00 a 13.00 horas, ofreceranse pautas para a campaña da declaración da renda 2024, mentres que o luns 27 falarase sobre consumo intelixente, de cara á optimización de recursos.

A Aula CeMIT acollerá tamén seminarios da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS). O primeiro será o día 6 de maio e versará sobre a necesidade da economía circular. Achegaranse pautas para o aproveitamento de recursos que xa existen e que se lles pode dar unha nova vida no mercado, apostando por materiais biodegradables, o que axuda a evitar a contaminación. O martes 13, pola súa banda, haberá unha introdución ao Origami, que é a arte de elaborar todo tipo de figuras de papel. O día 20 ofrecerase unha sesión para principiantes.

Para consultar a oferta de cursos, solicitar o uso das dependencias ou tramitar calquera outra dúbida, a veciñanza pódese poñer en contacto co responsable deste servizo chamando ao 683147165 ou ben enviar un correo electrónico á dirección cemit.cuntis@xunta.gal. A Aula CeMIT está aberta os lunes e mércores, de 10.00 a 14.00 horas polas mañás e de 16.00 a 20.00 horas polas tardes, e os sábados de 10.00 a 14.00 horas. Con respecto á Aula Mentor, permanece operativa os martes e xoves, de 9.30 a 14.30 horas.

Comparte este artigo