O Concello de Baiona, ofrece este verán varias propostas no ámbito das novas tecnoloxías dirixidas aos mozos da vila mariñeira. As concellerías de Mocidade e Tecnoloxías, en colaboración coa Fundación Esplai, organizaron un campamento sobre competencias dixitais que comezou onte 1 de xullo e desenvolverase ata ao 22 de xullo no Centro Multiusos Ángel Bedriñana.
A formación, totalmente gratuíta, celébrase de luns a venres, con dous grupos diferenciados, un de competencias básicas destinados a mozas de 12 a 13 anos e outro de competencias avanzadas destinado a mozas de 14 a 17 anos. Enchéronse todas as prazas ofertadas e un total de 24 mozos están a aprender coñecementos sobre esta disciplina.
Este campamento dixital imparte formación sobre conceptos básicos de ferramentas informáticas, uso seguro e responsable da internet, programación, robótica educativa, impresión 3D e realidade virtual”.
A través destas actividades búscase favorecer a adquisición de competencias dixitais e desenvolver habilidades como a creatividade, o pensamento crítico e o traballo en equipo a través de actividades lúdicas e participativas”, explican desde o consistorio.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a concelleira de Mocidade, Ruth Álvarez González, e o concelleiro de Tecnoloxías, David González Misa, achegáronse esta mañá multiusos Ángel Bedriñana a visitar ás persoas participantes e a coñecer de primeira man as súas impresións acerca da actividade.
Novo espazo Xuvenil
Con este campamento de competencias dixitais o Concello dá o pistoletazo de saída ao seu novo Espazo Xuvenil no centro multiusos Ángel Bedriñana da localidade.
Trátase dun espazo vivo, onde terán cabida as diferentes iniciativas xuvenís que os mozos da nosa vila desexen levar a cabo, creadas e realizadas por eles mesmos, así como outras actividades organizadas desde o Concello de Baiona.
O obxectivo tamén é que este novo espazo sirva para tecer unha rede colaborativa que implique os diferentes grupos de idade, levando a cabo actividades interxeracionais, onde os mozos sexan o eixo central das actividades.
Trátase de fomentar a participación xuvenil na nosa vila, sendo os mozos os artífices das actividades de todo tipo que leven a cabo, en diferentes ámbitos; a igualdade, a política social, ect..
A concellería de Mocidade do Concello de Baiona, dirixida por Ruth Álvarez González ,é a concellería encargada da xestión deste novo espazo, desde onde se anima á nosa mocidade a que presenten as súas propostas de actividades, para iso, poden contactar coa OMIX, no teléfono 986385921 ou en xuventude@baiona.gal

