O Concello organiza un paseo guiado interpretativo polo Sendeiro Azul Bosque de Xaz o sábado 14 de novembro

Redacción

O vindeiro sábado 14 de novembro  terá lugar un paseo guiado interpretativo polo Sendeiro Azul Bosque de Xaz.

As persoas interesadas realizarán un percorrido circular de 4,5 km, no que descubrirán, a través de diferentes paradas, os segredos que agocha o Bosque de Xaz: a súa biodiversidade, a súa historia e o seu valor como espazo natural e cultural.

A inscrición realizarase a través dun formulario en liña no seguinte enlace: bit.ly/4AjmmkF

As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. As persoas admitidas recibirán un correo electrónico de confirmación co punto de encontro.

Comparte este artigo