A Secretaría de Estado de Turismo, acaba de comunicar ao Departamento de Turismo do Concello de Baiona, que as 36 empresas e servizos turísticos de Baiona adheridos ao Sicted, superaron correctamente o Comité de Distinción de xuño 2025, e en breve, os novos distintivos lucirán nas súas fachadas.
Estas son as empresas e servizos distinguidos, aos cales felicitamos polo seu bo facer: Monte Real Club de Iates de Bayona, Parador de Baiona, Óptica Baiona, Hotel Anunciada, Estación de Servizo Monte Real, Policía Local de Baiona, PRAIA RIBEIRA, PRAIA SANTA MARTA, PRAIA LADEIRA, PRAIA BARBEIRA, PRAIA DE FRADES, PRAIA CONCHEIRA, Lle Sept, Recuncho Mariñeiro, Xamonería Jaqueyvi, Luna Baiona, Hotel Rompeolas, Xoiería Tula, Casa do Marqués, Apartamentos Ria de Bayona, Hotel Arce, Ronseis, A Pedalería, Salón de peiteado Belmer, Restaurante Pedro Madruga, Ababides, Benestar Baiona S.L, Fisioterapia Val Miñor Café Bar A Chave, Hotel Tres Carabelas, Viaxes Val Miñor, Bibendum, Mesón Xamonería Fidalgo, Casa da Navegación, Queimada Gastrobar e Oficina de Turismo de Baiona.
O Concello de Baiona segue apostando e apoiando a aquelas empresas e servizos turísticos que cada ano renovan os seus certificados e que saben a importancia que ten que un destino cumpra cos estándares de calidade. “Isto provoca que os visitantes teñan unha experiencia satisfactoria, que os incentive a regresar e a recomendar nosa Villa a veciños, amigos ou compañeiros de traballo”, afirma a Concelleira de Turismo, Sheila González Martíns, quen lembrou que “os destinos de calidade vólvense máis competitivos no mercado global, e esta cualificación pode ser o factor decisivo para que nos elixan fronte a destinos similares ao noso cos que competimos”.