Home Pontevedra O Salnés A Agrupación do PSdeG-PSOE de Vilagarcía nomeará a Ramiro Bandín Militante de...

A Agrupación do PSdeG-PSOE de Vilagarcía nomeará a Ramiro Bandín Militante de Honra 2022

- Anuncio -

A agrupación local realizará esta homenaxe na recuperación da súa comida anual dos socialistas vilagarciáns do 17 de maio.

Destacan o seu compromiso cos ideais socialistas e a adicación nos seus máis de 40 anos de militancia

A Comisión Executiva Municipal de Vilagarcía do PSdeG – PSOE acordou nomear a Ramiro Bandín Barreiro como Militante de Honra 2022 na celebración anual da agrupación que terá lugar o Día das Letras Galegas, 17 de maio. A Agrupación valorou a súa dedicación ao partido na súa dilatada militancia, desde xuño de 1977 ata a actualidade. Un compromiso que o levou a participar en ata nove executivas, xa desde os primeiros momentos da reconstitución da Agrupación, a finais dos anos 70 do século pasado ata algunhas máis recentes hai poucos anos.

O secretario xeral da agrupación local, Julio Torrado, valorou o nomeamento de Bandín como “unha vinculación da nosa xeración con aquela que nos ensinou o compromiso no seu valor máis alto”, e destacou que “Ramiro é un militante no máis puro sentido da palabra, pois é un debatidor nato dentro da casa e un defensor das nosas causas fora dela. Un home que sempre ofreceu e nunca pediu.”

Dende a agrupación socialista destacan o seu compromiso claro por impulsar a transformación dunha Vilagarcía que estaba nos anos 70 sen as instalacións e servizos que merecía, froito da longa noite de pedra que supuxo o franquismo. Corenta anos despois a labor silenciosa de militantes como Ramiro Bandín, organizada en torno aos socialistas, “debemos calificala como exitosa”. Especialmente, queren destacar os socialistas a súa vinculación e defensa de Vilaxoán, vila na que Ramiro naceu e residiu e que supón a principal inquedanza nas súas propostas e debates internos dentro do partido local. “É un vilaxoanés orgulloso”, destacou Julio Torrado en nome dos seus compañeiros e compañeiras.

A esta inquedanza social débese a súa participación en varias candidaturas, sendo concelleiro na oposición entre 1983 e 1991, acompañando a Seso Giráldez e Juan Antonio Pérez Callón nas súas respectivas candidaturas. Repetiría candidatura no 2011, xa en posicións simbólicas, sendo Modesto Pose o candidato á Alcaldía.

Desta maneira, Ramiro Bandín convertirase no décimo compañeiro da Agrupación de Vilagarcía en recibir a homenaxe como Militante de Honra, tras Seso Giráldez (2012), Rosina Villaverde (2013), José Recuna (2014), Manolo Cuervo (2015), Faustino Laya (2016) e Isaac Rodríguez (2017), Vázquez Fouz (2018), Juan Antonio Pérez Callón (2019) e Eliseo Barreiro (2020/2021).

A celebración deste nomeamento terá lugar durante a comida da agrupación, recuperada despois da pandemia para este ano, e que se desenvolverá o 17 de maio, día das Letras
Galegas, no Churrasco de Rubiáns. Os socialistas vilagarciáns convidan a participar no xantar a todas aquelas persoas que o desexen, tendo á súa disposición dous teléfonos
móviles nos que poder realizar a reserva: 693406373 e 687474600.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas