Home Pontevedra Baixo Miño A Asemblea xeral da Red de Juderías de España abordou os proxectos...

A Asemblea xeral da Red de Juderías de España abordou os proxectos do segundo semestre do ano

- Anuncio -

O alcalde, Enrique Cabaleiro, que participou no encontro, destaca a importancia da pertenza de Tui a esta rede

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, asistiu o pasado venres, 24 de xuño, á 60ª Asemblea da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad que tivo lugar en Lucena, onde se abordaron os proxectos presentes e os retos futuros desta entidade.


Nesta Asemblea Xeral fíxose un repaso ao estado de execución do orzamento anual, ás actividades que se levaron a cabo até a data e aos proxectos que se abordarán no segundo semestre de 2022, entre os que destaca a celebración da Xornada Europea da Cultura Xudía a primeira fin de semana de setembro. Igualmente, durante a Asemblea abordouse o regulamento, opcións e cidades candidatas a unha posible ampliación da Rede de Xudarías de España en 2023.


O rexedor tudense pon de manifesto “a importancia da nosa pertenza a esta exclusiva rede gracias á riqueza de noso legado xudeu. Seguiremos impulsando a promoción da nosa ampla oferta co propósito de posicionar a Tui no mercado turístico, sendo o noso legado xudeu todo un referente e un reclamo do que podemos presumir con orgullo”.


A Rede de Juderías de España – Caminos de Sefarad está constituída por 21 municipios de España, entre os que se atopa Tui, que posúen un rico patrimonio arquitectónico, artístico, ambiental e cultural nos seus conxuntos medievais que é herdanza das comunidades xudías que o habitaron. O labor dos membros da Red de Juderías de España é actuar de forma conxunta en defensa do legado xudeu e do patrimonio histórico, fomentando así novos proxectos turísticos, culturais e académicos que permitan realizar unha política de intercambio de experiencias e vivencias nacionais e internacionais a fin de seguir coñecendo a cultura e as tradicións sefardís baixo a premisa do respecto mutuo entre pobos e culturas.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas