Home Pontevedra O Condado A Asociación Quinta do Piñeiro organiza o día 29 de xaneiro un...

A Asociación Quinta do Piñeiro organiza o día 29 de xaneiro un gran cocido na Casa Cultural de Corzáns

- Anuncio -

A Asociación cultural quinta do Piñeiro organiza o seu tradicional cocido tras dous anos de
parón debido a pandemia. Este terá lugar o día 29 de xaneiro as 14:00h na casa cultural de
Corzáns. Os asistentes poderán degustar un menú composto por sopa, cocido, auga, viño,
refrescos, pan, sobremesa e café. Como novidade, a partir das 16:30 terán un pequeno baile a
cargo do trio Luces de Bohemia. Dito evento será para a axuda da festa da sementeira 2023.
O prezo é de 20€ para adultos e 10€ para os nenos. As prazas son limitadas polo que os
interesados deben anotarse antes do 23 de xaneiro nos seguintes teléfonos: 638450204 ou
686939855 ou a través do seu facebook: Quintadopiñeiro Sementeira Corzáns ou no seu
instagram: @quintadopineirosementeira.
Por outra banda, co inicio do ano novo dita asociación anunciou a data da celebración do
decimoquinto aniversario da Festa da sementeira e Música que terá lugar os días 13 e 14 de
maio.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas