Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A Consellería de Educación acepta a proposta de Cubela e procederá a...

A Consellería de Educación acepta a proposta de Cubela e procederá a contratar a vindeira semana a un auxiliar de cociña para dar solución aos demantes do comedor escolar

- Anuncio -

• “Dimos resposta satisfactoria en menos de 48 horas grazas á rápida intervención do Concello, á comunidade educativa e aos responsables da Xunta de Galicia para atender un tema derivado do aumento considerable de poboación no noso concello”

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades aceptou a proposta realizada polo alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e procederá na vindeira semana a iniciar un chamamento para a contratación dun auxiliar de cociña que dea solución ao medio cento de mozos e mozas que quedaran fóra do servizo de comedor escolar no Instituto de Cotobade.

A solución adoptada pola Consellería foi comunicada persoalmente polo propio alcalde Jorge Cubela aos directores do Instituto de Cotobade e do IES de Tenorio, José Luir Murriu e Beatriz Banco Sueiro, respectivamente, así como a varios membros da Asociación de Nais e Pais (ANPA).

Cubela agradeceu ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que “en menos de 48 horas se aceptase a proposta que lle trasladamos á Consellería desde o Concello e adoptasen as medidas oportunas para que xa a vindeira semana se faga un chamamento para a contratación dun auxiliar de cociña que poida dar solución a un problema que ven derivado do aumento poboacional que está a rexistrar o noso concello que supera incluso as previsións máis optimistas. Congratúlame poder comunicarlle á comunidade educativa e aos propios afectados que este contratempo se vai resolver de inmediato e os 135 mozos e mozas que solicitaron o servizo de comedor van a telo en perfectas condicións. Quedaran sen preza 31 alumnos pola semana e 17 prazas a maiores para os martes.
Deste xeito, coa contratación dun auxiliar de cociña, quedará o tema solucionado”, indicou Jorge Cubela.

O alcalde tamén agradeceu aos pais, nais e mesmo aos alumnos afectados a paciencia e a confianza depositada no alcalde quen manifestou que “para nós a atención educativa dos nosos mozos e mozas é unha prioridade e, unha vez coñecido o problema, non tardamos 48 horas en buscarlle unha solución satisfactoria que creo vai ser óptima. Quero agradecer a paciencia e comprensión dos pais e nais, así como do alumnado e tamén da Consellería, Xefatura Territorial e dirección dos centros que en todo momento amosaron a súa máxima disponibilidade a colaborar co Concello de Cerdedo-Cotobade na búsqueda da mellor alternativa para que todo funcione axeitadamente e así será. Dimos resposta satisfactoria en menos de 48 horas grazas á rápida intervención do Concello, á comunidade educativa e aos responsables da Xunta para atender un tema derivado do aumento considerable de poboación no noso concello”, sinalou Cubela.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas