Home Tabeirós A Estrada A empresa adxudicataria comeza os traballos de construción da pista de atletismo...

A empresa adxudicataria comeza os traballos de construción da pista de atletismo da Estrada

- Anuncio -

o A finais desta semana rematará as actuacións iniciais e comezará a construír a estrutura de 176 metros de longo e 92 de ancho sobre a que se asentarán as instalacións

o O proxecto do módulo anexo será remitido nos vindeiros días á Xunta de Galicia co obxectivo de licitar as súas obras durante este ano

A empresa adxudicataria do proxecto para a creación da pista de atletismo da Estrada, Construcciones y Viales S.A (COVSA), iniciou esta semana os seus traballos de construción coa chegada da maquinaria necesaria para realizar as obras.

A primeira fase do proxecto deuse por rematada no mes de xullo, cando a firma Ivanca finalizou as actuacións previas para o acondicionamento do terreo de dúas hectáreas sobre o que irá asentada a pista de atletismo. Desde entón, os técnicos da obra levaron a cabo o contrato e a descarga dos materiais necesarios para a segunda fase, deseñaron os planos de construción, perfilaron o sistema de recollida e aproveitamento de auga co que contará a instalación e prepararon os accesos para a chegada da maquinaria.

Ao longo desta semana, coas máquinas sobre o terreo, a empresa levará a cabo a drenaxe da superficie, colocará os bordos perimetrais e elaborará un sistema de recollida de augas pluviais. Unha vez rematadas estas tarefas iniciais, comezará a levantar a estrutura da pista, de 176,91 metros de longo e 92,52 metros de ancho (medidas necesarias para a súa homologación), composta por oito rúas de 400 metros e acabado sintético.

A construción da pista de atletismo comezará pola súa parte central, composta por herba natural e consistente nunha área de 104 metros de longo e 64 metros de ancho, que poderá ser empregada como campo de fútbol e na que se desenvolverán os seguinte deportes: salto de lonxitude; lanzamento de disco, martelo ou xavelina; salto con pértiga; e triplo salto. Logo de finalizar a parte central, realizarase un aglomerado xeral da superficie sobre a que se asentará a pista e instalarán o material sintético.

As obras desta segunda fase teñen un prazo de execución de 12 meses, aínda que desde o goberno local confían en que poidan estar rematadas en abril do 2023. O proxecto conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros. Do total, 800.000 proveñen da Deputación de Pontevedra a través do Plan Reacpon e 460.000 serán financiados con fondos propios do Concello.

Paralelamente á construción da pista, o arquitecto responsable do deseño do módulo anexo cuberto co que se dotarán as instalacións vén de entregarlle o proxecto aos técnicos do Concello. Actualmente atópase en fase de revisión e nos vindeiros días será tramitado e entregado á Xunta de Galicia co obxectivo de ter licitadas as súas obras antes do remate deste ano.
Este módulo será empregado como lugar de adestramento para os clubes de ximnasia e
artes marciais da Estrada e suporá un investimento de dous millóns de euros: un deles
procedente da Secretaría Xeral para o Deporte e o outro millón de fondos propios do
Concello. Para poder iniciar a súa construción, contemplada nunha terceira fase, será
necesario que estea finalizada a pista de atletismo.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas