Home Baixo Miño A Guarda A Federación Galega de Dano Cerebral impartiu na Guarda formación sobre atención...

A Federación Galega de Dano Cerebral impartiu na Guarda formación sobre atención a persoas con dano cerebral adquirido

- Anuncio -

Na formación, organizada por FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) e o Concello da Guarda, puideron participar as traballadoras que realizan o servizo de axuda no fogar do Concello, así como 8 alumnas do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII.

FEGADACE é unha organización cuxo principal obxectivo é contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e as súas familias, o cal se persegue a través de programas asistenciais de rehabilitación multidisciplinar, información e apoio a familias e servizos de atención terapéutica, pero tamén a través doutras accións promovidas dende a federación, como son a promoción da investigación epidemiolóxica e social; a xeración e divulgación de coñecemento científico no eido do DCA; a incidencia política e a sensibilización e información da sociedade no que respecta a esta discapacidade, así como formación en materia de dano cerebral con diferentes enfoques e para diferentes colectivos profesionais e sociais.

A experiencia resultou máis que positiva para o grupo de 23 persoas que participaron na mesma, polo que agradecemos á Federación que nos permitira formar parte dela.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas