HomeBaixo MiñoA GuardaA foodtruck de Galicia Sabe Amar visita A Guarda

A foodtruck de Galicia Sabe Amar visita A Guarda

- Anuncio -spot_img
  • Aproveitando a proba do II Trail Camposancos ó solpor a foodtruck situarase no Campo Multiusos do Codesal

Volve a campaña Galicia Sabe Amar á Guarda este sábado con motivo do II Trail Camposancos ó solpor. Con esta campaña téntase animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Nesta foodtruck, os visitantes e veciños poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Para desfrutar deste produtos achegádevos este sábado 21 de xuño, ao Campo Multiusos do Codesal de 18:00 a 22:30 horas.

Publicacións Relacionadas