Este domingo o Concello da Guarda instalará unha pantalla xigante na Praza do Reló para ver a final da Liga das Nacións da Selección masculina Española de fútbol.
España enfróntase na final contra Portugal a partir das 21:00h. Unha hora antes comezará a retransmisión na pantalla coa previa do partido.