HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda presenta un libro que recolles as postais da vila ata...

A Guarda presenta un libro que recolles as postais da vila ata 1940

- Anuncio -spot_img
  • A presentación será o próximo martes 17 ás 20:00h na Casa dos Alonso

Este martes preséntase na Guarda un libro que recolle gran parte das postais da Guarda ata mediados do século pasado. Trátase do libro “Postais ilustradas do Concello da Guarda ata 1940”, escrito por José Ángel Gándara e José María González.

Neste libro poderemos ver a evolución das rúas e das prazas desde finais do século XIX a principios do século XX, polo que se trata realmente dun documento histórico de primeira orde.  Esta recompilación realízase grazas tamén as coleccións de Celso Fariñas, Lalo Martín Rey e Antonio Martínez, e coa colaboración do Concello da Guarda e da Deputación de Pontevedra.

Estas postais son “unha homenaxe á beleza serena e atemporal da Guarda”, segundo o alcalde, pois nelas podemos recoñecer diversos enclaves da vila, como a Alameda, a ribeira, as rúas do Coruto e de Porto Rico, a praza do Reló ou os primeiros petróglifos e castros restaurados pola Sociedade Pro-Monte.

Aínda que o uso de postais caeu na actualidade, si que serven como un recordo da historia da nosa vila, da súa evolución e cambios, sendo un legado para as xeracións que están por vir.

A presentación de tal libro celebrarase o próximo martes 17 de xuño ás 20:00h na Casa dos Alonso e contará coa asistencia do alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e do deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas