HomeVigoBaionaA historia de Baiona ao descuberto

A historia de Baiona ao descuberto

- Anuncio -spot_img

A DIPUTACION DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BAIONA ASINAN UN CONVENIO PARA ESTUDAR ARQUEOLOGICAMENTE A PENINSULA DE MONTERREAL DURANTE ESTE ANO.

O Parador de Turismo de Baiona ocupa unha parte do solar onde se atopaba a fortaleza de Monterreal e o antigo núcleo de Erizana (antiga vila de Baiona). Pola súa posición estratéxica, esta fortaleza foi clave no coñecemento da chegada de Cristóbal Colón a América ou nas guerras anglo-españolas, chegando a ser atacada polo pirata Francis Drake en 1585.

Xa no século XIX, o Marqués do Pazo da Mercé, José Elduayen Gorriti, comprou as ruínas do enclave para albergar un belo palacio neogótico, declarado Monumento Nacional en 1950. Entre 1963 e 1966, foi substituído por un elegante Parador de nova planta; ademais, restaurouse a muralla e instalouse unha típica adega galega nas antigas cortes.

Neste caso, a fortaleza de Monterreal tamén se recolle no catálogo de xacementos arqueolóxicos da Consellería de Cultura baixo o epígrafe GA36003001; nesa ficha fálase da posible existencia dun poboado da Idade de Hierro e inventaríase como tal, aínda que se recoñece unha deterioración total polas sucesivas construcións que levaron a cabo dentro do recinto murado.

Trátase dun xacemento englobado nun marco crono-cultural amplo, relacionado co mar desde a Antigüedad, o que significa estar en contacto coas diferentes culturas que navegaban polo Atlántico desde os fenicios aos franceses, portugueses, ingleses ou viquingos; trátase, pois dun punto de referencia para entender a navegación marítima, tanto a antiga como o contacto con América desde a primeira viaxe de Colón.

A intervención reflectida neste Convenio contempla a realización de 14 sondaxes arqueolóxicas coas que se recollerán todos aqueles datos que permitan documentar unha ampla secuencia estratigráfica dentro do recinto de Monterreal que se van a realizar en setembro deste ano e tendran unha duracion de dous meses.

En xaneiro de 2024 a Deputación de Pontevedra presenta a web TRAZAS DE PONTEVEDRA que recolle unha completísima información sobre os 17 xacementos que estaban integrados no Protocolo co Ministerio de Fomento e que agora a Deputación asume como un proxecto propio e exclusivo. Por este motivo, o organismo público TURESPAÑA concederá a oportuna autorización administrativa para realizar a intervención arqueolóxica obxecto do presente convenio, ao ser a titular da parcela na que se atopa o recinto de Monterreal.

Desde o Concello de Baiona esperamos que o xacemento poida alcanzar un papel protagonista e impulsor a nivel arqueolóxico, patrimonial e turístico na provincia de Pontevedra, que complementaría así mesmo a visión doutros xacementos existentes na contorna, como o propio monte de Santa Tegra (A Guarda) ou o mosteiro de Santa María de Oia, podendo indagar e explicar a evolución do poblamiento da zona desde a Idade do Hierro ata hoxe en día.

Publicacións Relacionadas