Home Pontevedra Deza A innovación agropecuaria, eixo principal da feira Abanca Cimag-GandAgro 2023, premiarase en...

A innovación agropecuaria, eixo principal da feira Abanca Cimag-GandAgro 2023, premiarase en dous dos seus concursos

- Anuncio -

• SON O ABANCA GANDAGRO INNOVA E O MÁQUINAS DESTACADAS CIMAG, CUXAS INSCRICIÓNS XA ESTÁN ABERTAS E PÓDENSE CONSULTAR NA PÁXINA WEB DO CERTAME

• ESTA CITA TERÁ LUGAR DO 2 AO 4 DE MARZO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023, que se celebrará do 2 ao 4 de marzo na Feira Internacional de Galicia ABANCA, premiará o último en tecnoloxía agropecuaria exposta no certame a través dos concursos Abanca GandAgro Innova e Máquinas Destacadas Cimag.

En canto ao Máquinas Destacadas Cimag premiará as innovacións en maquinaria que sobresaian por avances en deseño, prestacións e calidade do traballo, destacándose a maquinaria para produción de forraxes e, de maneira extensiva, a que vaia dirixida á agricultura que se desenvolve nas rexións do norte de España e Portugal. Poderán presentarse solicitudes ata o 20 de febreiro.

Respecto ao concurso GandAgro Innova, o seu obxectivo é premiar as innovacións destinadas a optimizar os recursos agrogandeiros que supoñan un avance ou mellora no ámbito dos medios de produción, transformación, comercialización ou para o desenvolvemento nas zonas rurais, nos sectores agrícola e gandeiro. Cada expositor poderá presentar propostas referidas a produtos, bens ou elementos, equipos e instalacións, sistemas e métodos, programas ou servizos ata o 17 de febreiro.

En ambos concursos as inscricións xa están abertas e poden consultarse na web www.cimag.gandagro.com.

Galardóns na última edición

Na pasada edición da feira, celebrada en febreiro de 2019, no GandAgro Innova resultou gañador o sistema automático de alimentación para gando vacún Lely Vector, presentado por Agrotec Entrecanales – Lely, sendo as mencións para o recuperador de calor para avicultura presentado por Rosber e para o carro para transportar e depositar grellas de formigón de Agrícola Cacheda.

Por outra banda, no Máquinas Destacadas Cimag, foron distinguidas 18 innovacións: unha cargadora telescópica Manitou presentada por Cardelle Hidráulica; unha picadora de forraxe autopropulsada de Claas Ibérica; un sistema de medida da lonxitude da fibra de carros mesturadores Visiomix, de Electricidad Mario; unha desenrolladora Rollpick Pro de Eurotechnics Agri; unha aboadora Amazone e un sistema de xestión intelixente en carros autopropulsados de Faresin, presentados por Farming Agrícola; un carro mesturador autopropulsado Storti e un inxector de parafuso sinfín, presentados por Fliegl Ibérica; unha minicargadora articulada multifunción Avant de Grupo Empresarial Torneiro; unha roto-encintadora John Deere de Maquinaria Agrícola do Noroeste; un aplicador de xurros mixto ALP de Maquinaria Agrícola Plumed; unha encintadora Alz para pacas redondas de Millares Torrón; un sistema de xiro variable en tractores de New Holland; unha trituradora abatible para pastos de Serrat Trituradoras; un anciño hilerador de Stirmot e tamén unha barra de tubos universal para a aplicación de xurro Mastek, unha rotoempacadora Pottinger e unha segadora con sinfín hilerador Pottinger, as tres de Durán Maquinaria Agrícola

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas