• A COMPETICIÓN CONTOU CON 34 PARTICIPANTES DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, PAÍS VASCO, BALEARES E FINLANDIA
• CELEBROUSE ESTA TARDE NESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA
• TAMÉN ESTA TARDE levou A CABO O XX CONCURSO INTERNACIONAL DE PREPARADORES DE GANDO E MAÑÁ SERÁ A QUENDA DOS MORFOLÓXICOS XXXVII OPEN INTERNACIONAL E XXXIII AUTONÓMICO DA RAZA FRISOA
Alba López López, da gandería Quintián, do Páramo (Lugo) foi a gañadora do XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores “Memorial #Luis Louzao”, o cal se celebrou no marco da V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025. Esta ten lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA ata mañá sábado.
O segundo posto foi María Otero Naval, da gandería Fontixón, de Castro de Rei (Lugo), quen tamén alcanzou a terceira posición esta tarde no XX Concurso Internacional de Preparadores de Gando Frisón. O terceiro posto recaeu en Claudia López García, da gandería López Fontela e Outros, de Aranga (A Coruña).
Organizados pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Federación Frisoa Galega (Fefriga) co apoio da Consellería do Medio Rural, o concurso ten como obxectivo que os participantes demostren a súa habilidade na presentación en pista dos animais. O bo manejador é aquel que coñece á perfección a morfoloxía dos seus animais e despois dunha correcta doma, preparación e pelado, é capaz de facer resaltar as virtudes do exemplar que presenta, minimizando ao mesmo tempo os posibles defectos que poida ter.
Ao concurso, patrocinado por Mapfre, concorreron 34 participantes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Baleares e Finlandia. Con idades comprendidas entre 2 e 26 anos. Foron xulgados polo suízo Marcel Egli.
Novos Preparadores
Esta tarde tamén tivo lugar o XX Concurso Internacional de Preparadores de Gando Frisón, no que os participantes mostraron as súas destrezas preparando aos animais para logo presentalos. Iker García Amarelle, da gandería Ou Rubio, de Santa Comba (A Coruña) foi o gañador. O segundo posto foi para Xabi Montes Vilar, da gandería Casa do Rei Holstein, de Rodeiro (Pontevedra), mentres que o terceiro recaeu en María Otero Naval, da gandería Fontixón, de Castro de Rei (Lugo).
Mañá será a quenda dos prestixiosos concursos morfolóxicos XXXVII Open Internacional e XXXIII Autonómico da Razas Frisoa, nos que participan 159 exemplares de alta xenética de Galicia, Asturias, Cantabria, Cataluña e Portugal.