Hoxe día do Patrón, festivo local en Soutomaior, a Festa continua coa sesión vermú a cargo do grupo local Balbuena&Seoane, coa actuación da Banda Artística de Arcade ás 20:30 h. trala procesión e co espectáculo e o directo da orquestra Cinema a partir das 22:30 h. na Candán.
A orquestra La Misión foi quen de encher o Torreiro da Feira do dez en Candán, milleiros de persoas asistiron a esta cita con esta orquestra, unha das 5 mellores de España e que trae consigo a 19 artistas entre acróbatas, cantantes e músicos, 120.000 vatios, 400 metros de pantallas led, 500 robots, láser e pirotecnia, 44 metros de escenario, pasarela de 8 metros… Todo un espectáculo que as veciñas e veciños de Soutomaior e de concellos da contorna non se quixeron perder.
A Festa comezou puntual á cita ás 22:30h. La Misión ofreceu o seu primeiro pase ata ás 00:15h para darlle paso aos espectáculo pirotécnico de luces. O segundo pase da orquestrá comezou ás 00:30 h. para despedirse pasadas as 2 da mañá.
O bus lanzadeira que o concello puxo a disposición da veciñanza foi tal e como dicía as e os asistentes “un éxito”. Unha iniciativa que tamén se levará a cabo hoxe de tal modo que en horario de 21:30 a 23:30h e de 00:00 a 2:30 h. haberá un bus lanzadeira dende a rotonda da Montesiña ata a Candán. O percorrido do bus será continuo de ida e volta nos horarios indicados.
PROGRAMACIÓN
Hoxe, martes 6 de agosto, Día do Patrón e festivo local en Soutomaior, un dosd días grandes desta festa, haberá sesión vermú con `Balbuena & Seoane´ na contorna da Igrexa do Divino Salvador, xa pola tarde, trala procesión, concerto da banda Artística de Arcade ás 20:30 h., e verbena co directo da orquestra Cinema no Torreiro do dez en Candán.
Xa na xornada do mércores 7 se despiden estas festas coa Romaría de San Caetán e cunha sesión vermú na Ermida de San Caetano no Castelo de Soutomaior.

