- O ciclo arrancou coa película ‘Honeymoon’ e seguiu co documental ‘Filmei paxaros voando’
Este venres péchase o ciclo de cine “feito en Galicia” no Centro Cultural da Guarda, que supoñen tres semanas dunha escolma de gran calidade, pois eran obras con varios nomeamentos nos Premios Mestre Mateo.
A idea do presente ciclo é amosar unha escolma dos títulos mais recentes no audiovisual galego, un sector en auxe, que cada vez defende maiores propostas de calidade e abrindo as súas producións a temáticas do mais diversas.
A longametraxe “As Neves” de Sonia Méndez porá fin ao ciclo este venres 6 de xuño ás 20:30h. Un filme revelación o pasado 2024 e que obtivo neste 2025 tres Premios Mestre Mateo: mellor longametraxe, mellor interpretación feminina de reparto e mellor son.
A trama mestura adolescencia e rural para construír un thriller que sorprende ao espectador. A noite de Entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e se drogan con cogomelos por primeira vez.
Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a nova de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae Internet. Cada vez é mais urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.
Este ciclo conta co financiamento do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra