A praia de Cesantes rexistra a chegada de centos de “lebres de mar”

adminON
Lectura mínima de 1

Como xa acontecera hai un mes, a comezos de maio, na xornada de hoxe rexistrouse unha chegada masiva de “lebres de mar” á praia de Cesantes. Trátase dun molusco sen cuncha que xa ten aparecido noutras praias das rías galegas e que se detectaron esta mañá no areal. Operarios municipais traballan na xornada de hoxe para a súa retirada, xa que son varios centos de quilos os que arribaron en Cesantes. A concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez, explica que se trata dunha especie “totalmente inofensiva, que habita nas rías galegas, pero non é habitual a súa chegada aos areais”. Cando aparecen vivas entre as algas hai que procurar devolvelas ao mar, pero neste caso estaban todas mortas.

Comparte este artigo