HomePontevedraO SalnésA redacción do proxecto de reforma da N-640 xa está en marcha,...

A redacción do proxecto de reforma da N-640 xa está en marcha, mentres o PP paraliza o arranxo dos viais autonómicos

- Anuncio -spot_img

O deputado no Congreso dos Deputados, Modesto Pose, sinala o compromiso do goberno de Pedro Sánchez con Vilagarcía

Critica a “dobre vara de medir” do PP que “cunha man pide e con outra rexeita” o que o deputado considera un intento para “tapar o abandono dos viais autonómicos da Xunta en Vilagarcía”

O deputado no Congreso dos Deputados, Modesto Pose, saíu ao paso das peticións do PP sobre a N-640 que considera “contraditoria”. O deputado considera necesaria a actuación no vial N-640, no que o goberno central está traballando na súa redacción, e tamén dos viais autonómicos que transcurren pola cidade, como Av. Rosalía de Castro, Av. Agustín Romero, Av. Cambados e Vilanova que a Xunta nin tan sequera acepta a súa redacción. Pose afirma que “o Alcalde Vilagarcía traballou para mellorar o vial do estado e o proxecto está en marcha”, mentres os autonómicos están paralizados o que considera que o PP “cunha man pide e con outra rexeita cando lles interesa para tapar o abandono dos viais autonómicos da Xunta en Vilagarcía”.
Para o deputado socialista esta forma de proceder é unha clara “dobre vara de medir” e pide ao PP que deixe de intentar confundir á cidadanía. O compromiso do goberno de Pedro Sánchez manifestase en feitos e a redacción do proxecto de reforma da N-640 xa está en marcha. O que tamén é un feito é que o PP se opuxo a iniciar o proxecto para reformar os viais autonómicos, polo que considera que o PP debe dar explicacións e pídelle que non se opoñan aos proxectos para mellorar Vilagarcía

Publicacións Relacionadas