Home Pontevedra A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

- Anuncio -

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade olívica. Alí, ademais de visitar as instalacións con membros da Xunta Directiva da Fundación, como o seu presidente, Iván Martínez, tamén puido charlar co persoal do grupo de traballo de preparación de pedidos. A vicepresidenta quixo agradecer o seu traballo, “e todo o que esta Fundación provincial fai polos pontevedreses que máis o precisan”, polo papel fundamental que xogan na sociedade. “Ogallá chegue o día no que a vosa presencia non sexa necesaria porque sería, sen dúbida un grande avance. Pero, mentres tanto, grazas por todo o que facedes os 365 días do ano”.

Durante a visita, Luisa Sánchez aproveitou para lembrar que o Banco de Alimentos de Vigo está buscando voluntarios para levar a cabo o próximo mes o Maio Solidario, a súa segunda Operación Kilo neste 2024 e estendeu a man do goberno provincial “para seguir colaborando estreitamente con vós en proxectos contra a exclusión social e en todo o que necesitedes”.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas